Un proxecto por nacer

Arríame mar

Arríame é un embrión de xornal con información para A Ría (de Muros e Noia). Un proxecto que, polo de agora, pretende ser, simplemente, un punto de encontro con recursos e utilidades para toda a cidadanía dos catro concellos desta costa.

Polo de agora, só incluímos as candidaturas electorais dos catro concellos: Muros, Noia, Outes e Porto do Son –citados en orde alfabética, para non ferir susceptibilidades–, na espera de que nun futuro próximo poidamos incluír tamén os resultados definitivos.

Que á parte destes datos comecen a aparecer neste espazo novas e reportaxes máis en profundidade, dependerá do éxito que teña esta empresa aínda por nacer.

Aproveitamos esta data simbólica do 17 de maio para establecer este pùnto de partida. Moitas grazas a toda a xente que entra nesta páxina. Agradécense os comentarios e propostas.

Be the first to comment on "Un proxecto por nacer"

Leave a comment

Your email address will not be published.


*


%d bloggers like this: